Kalandraka
Libro: Nadarín
Libro: Nadarín
No se pudo cargar la disponibilidad de retiro
| Formato | Tapa Dura |
| Número de páginas | 40 |
A unión fai a forza e o peixe pequeno non sempre ten que temerlle ao grande. Un clásico para abordar a superación dos medos e o valor da diversidade. A historia de Nadarín, como todos os libros de Leo Lionni, invita a pensar e a aprender valiosas leccións vitais. O valor da diferenza e o respecto a quen -por cultura ou aspecto físico- non comparte as características comúns, reflíctese nas primeiras páxinas deste clásico da literatura infantil de todos os tempos. Máis aínda, a superación dos medos propios, a forza de vontade para gozar do que nos rodea malia as adversidades que se presenten e a solidariedade cos nosos semellantes, tamén se plasman neste relato de gran calidade estética, con frases curtas cheas de figuras retóricas sutís e suxestivas. E como emblema da obra, unha mensaxe para os lectores: a unión fai a forza. Destaca a orixinalidade da proposta artística de Leo Lionni neste álbum datado en 1963 que, aínda co paso do tempo, conserva toda a súa frescura. Cunha técnica semellante ás manchas de cor, recrea un universo mariño repleto de movemento e de riqueza cromática.
Share

Provetodo - provedor integral
🇨🇱 Chile: Duble Almeyda 5595, Of. 904, Ñuñoa, Santiago
🇵🇪 Perú: PEFRED S.A.C, Chancay 32, San Juan de Lurigancho, Lima 1542
+56991709189
© 2026 Provetodo. Todos los derechos reservados.