Edicións Xerais
Libro: A tribo do mar
Libro: A tribo do mar
No se pudo cargar la disponibilidad de retiro
| Formato | Tapa Blanda |
| Número de páginas | 224 |
Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes. Libia non era o que pensaba. O Mediterráneo parece agora infranqueábel. No entanto, a "influencer" Dakota Amazing ultima o seu novo "reel". O deserto é "supercool"! Pero o deserto é unha boca que ten sede nun mundo que ten fame. E non hai nada comparábel a Simún. Porque, quen ouse desafialo, será envolto polas ondas de area. Cando se vai, quen sobrevive non esquece o seu rostro. Unha aventura que mira as feridas do mundo e navega polas súas historias invisíbeis. Coma unha tribo do mar.
Share

Provetodo - provedor integral
🇨🇱 Chile: Duble Almeyda 5595, Of. 904, Ñuñoa, Santiago
🇵🇪 Perú: PEFRED S.A.C, Chancay 32, San Juan de Lurigancho, Lima 1542
+56991709189
© 2026 Provetodo. Todos los derechos reservados.