Editorial Galaxia, S.A.
Libro: Por puntos
Libro: Por puntos
No se pudo cargar la disponibilidad de retiro
| Formato | Tapa Blanda |
| Número de páginas | 256 |
Premio Blanco Amor 2018 A vida está chea de casualidades, de situacións baixo o ditado das coincidencias e os caprichos do destino. O curso para a recuperación do carné de conducir é un lugar e un tempo no que cadran un mangado de homes e mulleres singulares mais que teñen algo en común. Descoñecidos entre si, as circunstancias fan que agora aparezan como o que son: persoas solitarias, mozos á espreita, biografía indecisas e, así e todo, dispostas a arriscarse para conseguir unha pingas de cariño. Por puntos é o retrato -por veces sentimental, por veces traxicómico, outras acedo e corrosivo- dunha realidade próxima e cotiá que endexamais deixa de ser sorprendente. Entre venres e sábados, durante catro xornadas, os personaxes desta novela deixan entrever as súas grandezas e as súas miserias, as súas coitas, os seus devezos e inseguridades. Á mala sorte contraponse a esperanza, á frustración vaina frear un futuro aínda aberto: a pesar de todo, poida que o amor ocupe a mesa do lado.
Share

Provetodo - provedor integral
🇨🇱 Chile: Duble Almeyda 5595, Of. 904, Ñuñoa, Santiago
🇵🇪 Perú: PEFRED S.A.C, Chancay 32, San Juan de Lurigancho, Lima 1542
+56991709189
© 2026 Provetodo. Todos los derechos reservados.