Edicións Xerais
Libro: Heredeiros da Crus: Cuadrilla de Pepa a Loba
Libro: Heredeiros da Crus: Cuadrilla de Pepa a Loba
No se pudo cargar la disponibilidad de retiro
| Formato | Tapa Blanda |
| Número de páginas | 200 |
Product Description
Ordes, A Coruña, marzo de 2012. Na vila hai un especial rebumbio. É un lugar tradicional de marcha nocturna, pero hoxe non é un día calquera e o extraordinario movemento de persoas dá conta diso. Todas veñen cantando as mesmas cancións e no ambiente nótanse excitación e nervios. É unha peculiar peregrinaxe á que están convocadas dende hai meses. Nas redes sociais estendeuse unha mensaxe críptica a ollos profanos, pero evidente para os iniciados: «Volven os máis jrandes.» Un J que despexaba calquera dúbida. Oito anos antes, Heredeiros da Crus anunciaran a súa separación. Atrás, trece anos de historia, oito discos e centos de concertos de tolemia, escándalos, diversión e moito rock'n'roll. Unha lexión de seguidores de toda Galicia quedaba orfa. O tempo pasou e, nas redes sociais, paseniñamente, medrou unha idea lanzada ao aire á que cada vez se uniu máis xente: QUEREMOS QUE VOLVAN OS HEREDEIROS DA CRUS. Esta é a crónica de como o soño entolecido dun mariñeiro unha noite de marea rematou converténdose nun capítulo fundamental da historia do rock feito en Galicia. Unha viaxe que empeza a bordo dun pequeno pesqueiro, pasa por un galiñeiro e remata compartida en escenarios por milleiros de persoas.
Book Description
Esta é a crónica de como o soño entolecido dun mariñeiro unha noite de marea rematou converténdose nun capítulo fundamental da historia do rock feito en Galicia. Unha viaxe que empeza a bordo dun pequeno pesqueiro, pasa por un galiñeiro e remata compartida en escenarios por milleiros de persoas.
About the Author
Antonio Díaz Ageitos (Ribeira, 1975). Neto de Maruxa a do xulgado. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago, traballa nos Servizos Informativos da Televisión de Galicia, onde entrou de bolseiro en 1996. Dirixe dende o ano 2001 o programa A Revista Fin de Semana, con pausa entre 2002 e 2004 para ser correspondente en Nova York. Le cómics por riba das súas posibilidades, non toma o nome de Springsteen en van e vaille levar máis tempo rematar o Zelda que escribir este o seu primeiro libro.
Share

Provetodo - provedor integral
🇨🇱 Chile: Duble Almeyda 5595, Of. 904, Ñuñoa, Santiago
🇵🇪 Perú: PEFRED S.A.C, Chancay 32, San Juan de Lurigancho, Lima 1542
+56991709189
© 2026 Provetodo. Todos los derechos reservados.