{"product_id":"libro-tests-de-galego-para-oposicins-sergas-manuais-de-galego-e-dicionarios-galician-edition","title":"Libro: Tests de galego para oposicións: SERGAS (Manuais de galego e dicionarios) (Galician Edition)","description":"\u003ctable style=\"border-collapse:collapse;margin-bottom:16px;width:100%\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eFormato\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003eTapa Blanda\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003e152\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003cp\u003eO presente volume pretende ofrecer un método práctico orientado á preparación da proba de lingua galega no proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Na súa redacción pódense observar catro partes principais: * Propostas con cuestións referentes ao coñecemento da lingua galega. Son un total de 1000 preguntas, repartidas en 50 cuestionarios formados por 20 exercicios. A súa estrutura é a que segue: a) Vocabulario de Medicina (da 1ª á 5ª pregunta). b) Corpo humano (da 6ª á 8ª). c) Léxico Administrativo (da 9ª á 11ª). d) Léxico común (da 12ª á 15ª). e) Morfoloxía, Sintaxe e Ortografía (da 16ª á 20ª). * Cuestionarios das máis recentes convocatorias do SERGAS. Recollemos un total de 14 propostas, coas que se pretende ofrecer unha panorámica dos exercicios presentados nos últimos anos (de 2002 a 2005) para as diferentes categorías laborais (auxiliar de enfermería, celador\/a, servizo de cociña, etc.) * Vocabulario específico. A modo de complemento, incluímos un vocabulario específico da saúde e da administración sanitaria. Trátase dos principais termos do léxico específico deste ámbito, agrupados nun glosario final coa finalidade de facilitar a consulta, cando esta fora necesaria. * Solucionarios. Recollen as respostas correctas tanto aos 50 cuestionarios propostos como aos 14 correspondentes a convocatorias anteriores. Como estratexia de aprendizaxe autodidacta, recomendamos o seguinte procedemento: 1º) realización dun único cuestionario, 2º) comprobación dos resultados; e 3º) identificación da causa dos posíbeis erros. Agardamos que lectoras e lectores consigan perfeccionar o seu nivel de lingua galega e que tiren o maior proveito posíblel a esta obra.\u003c\/p\u003e","brand":"Baía Edicións A Coruña. S.L.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59767725424721,"sku":"8496526461","price":343.0,"currency_code":"PEN","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/51WDlkLtfEL.jpg?v=1783483504","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-pe\/products\/libro-tests-de-galego-para-oposicins-sergas-manuais-de-galego-e-dicionarios-galician-edition","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}