{"product_id":"libro-pensamento-sociedade-e-cultura-a-relevancia-da-filosofa-na-educacin","title":"Libro: Pensamento, sociedade e cultura.: A relevancia da filosofía na educación","description":"\u003ctable style=\"border-collapse:collapse;margin-bottom:16px;width:100%\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eFormato\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003eTapa Blanda\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003e225\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003cp\u003eEste libro, concibido como manual para as materias “Sociedade, pensamento e cultura”, do Grao de Educación Primaria, e “Pensamento e cultura”, do Grao de Educación Infantil, defende a tese de que a adquisición de coñecementos e destrezas de carácter filosófico emerxe como un piar básico da formación dos educadores do futuro, xa que proporciona as ferramentas conceptuais necesarias para desenvolver o pensamento crítico e ético nos estudantes. A filosofía fomenta a reflexión profunda sobre temas fundamentais, estimula o debate informado e promove a análise e a revisión de ideas preconcibidas. A formación filosófica fortalece a capacidade dos educadores para guiar aos estudantes na comprensión da complexidade do mundo e contribúe a cultivar cidadáns responsables e comprometidos coa procura de solucións aos desafíos contemporáneos desde unha perspectiva ética e reflexiva. Dese xeito, é crucial comprender dende un enfoque filosófico as claves que definen a cultura e a sociedade do pasado para ter unha comprensión ampla e significativa do mundo actual. A aprendizaxe da filosofía proporciona aos futuros educadores un marco teórico sólido que lles permite entender a variedade das sociedades actuais e as raíces das ideas que inflúen na formación das culturas contemporáneas. Estudar os modos cos que se pensa a realidade e que nos chegan dende a modernidade e a época contemporánea ofrece aos educadores unha ferramenta valiosa para desenvolver habilidades críticas tanto neles mesmos coma nos seus futuros estudantes, fomentando o pensamento reflexivo e a capacidade de cuestionar e analizar a información de maneira fundamentada.\u003c\/p\u003e","brand":"Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59896196169809,"sku":"8411880095","price":270.0,"currency_code":"PEN","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/51p3B3kN43L.jpg?v=1785258726","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-pe\/products\/libro-pensamento-sociedade-e-cultura-a-relevancia-da-filosofa-na-educacin","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}