{"product_id":"libro-nadarn","title":"Libro: Nadarín","description":"\u003ctable style=\"border-collapse:collapse;margin-bottom:16px;width:100%\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eFormato\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003eTapa Dura\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003e40\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003cp\u003eA unión fai a forza e o peixe pequeno non sempre ten que temerlle ao grande. Un clásico para abordar a superación dos medos e o valor da diversidade. A historia de Nadarín, como todos os libros de Leo Lionni, invita a pensar e a aprender valiosas leccións vitais. O valor da diferenza e o respecto a quen -por cultura ou aspecto físico- non comparte as características comúns, reflíctese nas primeiras páxinas deste clásico da literatura infantil de todos os tempos. Máis aínda, a superación dos medos propios, a forza de vontade para gozar do que nos rodea malia as adversidades que se presenten e a solidariedade cos nosos semellantes, tamén se plasman neste relato de gran calidade estética, con frases curtas cheas de figuras retóricas sutís e suxestivas. E como emblema da obra, unha mensaxe para os lectores: a unión fai a forza. Destaca a orixinalidade da proposta artística de Leo Lionni neste álbum datado en 1963 que, aínda co paso do tempo, conserva toda a súa frescura. Cunha técnica semellante ás manchas de cor, recrea un universo mariño repleto de movemento e de riqueza cromática.\u003c\/p\u003e","brand":"Kalandraka","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59916803473489,"sku":"8484646289","price":323.0,"currency_code":"PEN","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/81BZKXyBhOL.jpg?v=1785340545","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-pe\/products\/libro-nadarn","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}