{"product_id":"libro-maleta-do-berce-la","title":"Libro: Maleta \"Do berce á lúa\"","description":"\u003ctable style=\"border-collapse:collapse;margin-bottom:16px;width:100%\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eFormato\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003eTapa Dura\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003e82\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003cp\u003e“Do berce á lúa” fai 20 anos e para celebralo poñemos á disposición de lectoras e lectores unha maleta exclusiva ilustrada por Óscar Villán para transportar e compartir os libros preferidos dos máis pequenos. Un formato ideal para regalar ou para quen accede por primeira vez a esta colección, que é xa todo un referente da LIX para as primeiras idades. “Lúa”, “Animais” e “Bebé” conforman o contido da maleta que se completa con “Limón” e “Flores”, as dúas últimas novidades publicadas recentemente. Unha selección de cinco obras imprescindibles que, como o resto da colección, se apoian nos recursos do cancioneiro tradicional infantil (rima, ritmo, enumeración, repetición, verso e retrouso, acumulación...) e en imaxes recoñecibles sobre fondos claros para contribuír a iniciar o camiño da prelectura de nenos e nenas. Cada exemplar de “Do berce á lúa” é un exercicio poético para educar o ollo e adozar o oído, como explica o seu autor Antonio Rubio. Pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido, a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación.\u003c\/p\u003e","brand":"Kalandraka","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59679943393361,"sku":"8413434203","price":348.0,"currency_code":"PEN","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/31t094ay41L.jpg?v=1782065428","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-pe\/products\/libro-maleta-do-berce-la","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}