{"product_id":"libro-galicia-martir-album","title":"Libro: Galicia martir (album)","description":"\u003ctable style=\"border-collapse:collapse;margin-bottom:16px;width:100%\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eFormato\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003eTapa Blanda\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003e24\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003cp\u003eA Editorial Galaxia pecha o seu ano literario coa publicación dos Álbumes de Guerra de Castelao. E, por vez primeira, a edición facsimilar realízase a partir das láminas orixinais que están depositiadas no Museo de Pontevedra. Outras edicións fixéronse antes pero nunca como desta volta fai a Editorial Galaxia que os publica por separado e mantendo as características que o propio Castelao quixo para o seu traballo. Os tres álgumes edítanse en edición facsimilar e respectando escrupulosamente as edicións orixinais feitas e controladas polo propio Castelao no seu tempo. Os Álbumes de Guerra conteñen as estampas que Castelao realizou para dar conta das barbaridades do fascismo durante a Guerra Civil Española e están compostas polos títulos Galicia Mártir, Atila en Galicia e Milicianos. O Castelao humorista deixa paso ao Castelao cronista dun tempo de barbarie que, nas súas estampas, queda inmortalizado coma un berro desesperado e unha protesta contra da barbarie dos fascistas e dun tempo escuro que convén non esquecer para non repetir xamais. Agora, e por vez primeira, a disposición do público galego nunha coidada edición facsimilar que respecta ao cen por cen as calidades e as tonalidades que o propio Castelao aprobou cando saíron no seu día do prelo.\u003c\/p\u003e","brand":"Editorial Galaxia, S.A.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59763338018897,"sku":"8491512772","price":429.0,"currency_code":"PEN","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/41O2zS0JwoL.jpg?v=1783436911","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-pe\/products\/libro-galicia-martir-album","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}