{"product_id":"libro-crime-en-compostela-edicin-literaria-xerais-peto-literaria","title":"Libro: Crime en Compostela (EDICIÓN LITERARIA - XERAIS PETO - Literaria)","description":"\u003ctable style=\"border-collapse:collapse;margin-bottom:16px;width:100%\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eFormato\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003eTapa Dura\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003e272\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003cp\u003eGañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, \"Crime en Compostela\" está considerada un fito da literatura galega por ser a obra que inaugura o xénero de novela policial e é un indiscutido best-séller da narrativa galega dos últimos corenta anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato en Santiago de Compostela, cidade que é retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacode a comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir. Co tempo, o xénero policial se convertiría, en palabras do crítico Manuel Rodríguez Alonso, \"nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico\".\u003c\/p\u003e","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59675507589201,"sku":"8411103269","price":154.0,"currency_code":"PEN","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/512zg0BDk5L.jpg?v=1781933168","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-pe\/products\/libro-crime-en-compostela-edicin-literaria-xerais-peto-literaria","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}