{"product_id":"libro-confusin-e-morte-de-mara-balteira-baa-narrativa-galician-edition","title":"Libro: Confusión e morte de María Balteira (Baía Narrativa) (Galician Edition)","description":"\u003ctable style=\"border-collapse:collapse;margin-bottom:16px;width:100%\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eFormato\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003eTapa Blanda\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003e144\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003cp\u003eNon sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto galego, da perspectiva feminina, das tramas tanto orixinais como arquetípicas. Pensamos que o estilo da autora, Marica Campo, vai levado por un ritmo de auga e natureza, ritmo creado pola relación variada e insistentemente contigua que hai na súa narrativa entre a muller, o mundo vexetal e animal. O espazo habitado polas mulleres e os homes que coñecen é tamén un mundo partillado polas ánimas. A miúdo a voz narrativa avanza case bailando a través das descricións, un ritmo poético que semella vir dun fluír do inconsciente, dunha psicoloxía rescatada das lembranzas dun pasado, ás veces vivido e gozado e outras veces case totalmente esquecido [...]. O público lector en galego sabe que o pasado remoto da terra non carece de incidencia na realidade actual, aínda que mans e voces alleas (tamén algunhas galegas) teñan contribuído a unha conceptualización pintoresca dunha Galiza máxica. Por tanto, a maxia -desde esta perspectiva do papel que contribúe á fundación dunha identidade cultural- é máis que unha ollada que se defina como sensíble ao irracional. O mundo encantado e imaxinado non presenta dificultades de interpretación: a maxia é quen de suxerirnos moitas cousas, todas feiticeiras ou atraentes, esenciais para comprendermos o que é a nación galega [...]. Kathleen March\u003c\/p\u003e","brand":"Baía Edicións A Coruña. S.L.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59776788824145,"sku":"8492630582","price":335.0,"currency_code":"PEN","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/71l2-5LF7OL.jpg?v=1783574451","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-pe\/products\/libro-confusin-e-morte-de-mara-balteira-baa-narrativa-galician-edition","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}