{"product_id":"libro-cabalos-e-lobos","title":"Libro: Cabalos e lobos","description":"\u003ctable style=\"border-collapse:collapse;margin-bottom:16px;width:100%\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eFormato\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003eTapa Blanda\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003e192\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003cp\u003eVigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Álvaro co inquietante Bruno. Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.\u003c\/p\u003e","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59873624195153,"sku":"8499148360","price":349.0,"currency_code":"PEN","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/51Ec73rSkiL.jpg?v=1785127363","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-pe\/products\/libro-cabalos-e-lobos","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}