{"product_id":"as-tolas-que-non-o-eran-mulleres-no-manicomio-de-conxo-1885-1936-139-ensaio","title":"As tolas que non o eran: Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936: 139 (Ensaio)","description":"\u003cp\u003eEste é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan. As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana; a carta que María envía á súa filla despois dun Nadal no inferno; a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio. En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: \"Estou aquí e quero que me escoites\". Todas elas regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.\u003c\/p\u003e","brand":"EDITORIAL GALAXIA S.A.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59656397979729,"sku":"8411764095","price":172.0,"currency_code":"PEN","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/61VHoZJapyL.jpg?v=1781559005","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-pe\/products\/as-tolas-que-non-o-eran-mulleres-no-manicomio-de-conxo-1885-1936-139-ensaio","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}