{"product_id":"punto-de-araa-520-literaria","title":"Punto de araña: 520 (Literaria)","description":"\u003cp\u003ePremio García Barros 2025 Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo. Fartas do egoísmo dos homes anfibios e ausentes, donos das decisións e dos cartos, e de sosteren a voz de todos sen que teñan elas voz propia, as palilleiras ―tamén redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira― acordan acabar con esa situación dun xeito drástico e perigoso: chamando polas arañas. Tres mulleres temibles, donas do océano e do encaixe, que conforman un goberno doutra orde ao que cómpre obedecer. Punto de araña é unha novela mariñeira e coral, batida pola escuma das ondas que petan contra as rochas e tecida coas voces de tres xeracións de mulleres que se rebelan. Unha loa ás que tecen as redes invisibles que nos sosteñen; ás mans que, en silencio, entrelazan o mundo e ás mans das amigas, rede de redes.\u003c\/p\u003e","brand":"EDITORIAL GALAXIA S.A.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59656290893905,"sku":"8411764699","price":44900.0,"currency_code":"CLP","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/61tzt_Dp6wL.jpg?v=1781556857","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-cl\/products\/punto-de-araa-520-literaria","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}