{"product_id":"libro-un-banquete-fabuloso-coleccin-o","title":"Libro: Un banquete fabuloso (colección O)","description":"\u003ctable style=\"border-collapse:collapse;margin-bottom:16px;width:100%\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eFormato\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003eTapa Dura\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003e36\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003cp\u003ePeluxiña é a última en nacer nunha gran familia de coellos. A comida non é suficiente para todos e a pequerrecha sempre queda con fame, así que unha noite decide saír da coelleira e procurar alimento pola súa conta; pero o bosque está cheo de perigos e sorpresas e, nesta aventura, a intrépida coelliña levará algún bo susto do que sairá vitoriosa grazas ao enxeño, a tenacidade e a sabedoría que irá adquirindo no seu camiño. E se o problema inicial era a falta de comida, o desenlace e agasallo final será “un banquete fabuloso” para a familia toda, resultado da afouteza e tenacidade da nosa pequena protagonista. Cunha trama simple e unha estrutura divertida, que lembra algúns contos tradicionais, Peluxiña espertará a simpatía dos máis cativos, que poderán acompañala e, ao seu carón, vivir emocións, superar contratempos e enfrontar medos, dificultades e perigos, ata chegar o merecido triunfo final. En definitiva, unha divertida historia de José Morales sobre o crecemento, a aprendizaxe e a perseveranza na procura de obxectivos. As dinámicas e eficaces ilustracións de Mar Ferrero e os magníficos personaxes que crea, fan que o tempo narrativo flúa con facilidade, permitindo que o pequeno lector entenda o proceso de crecemento e sinta a fantasía do texto como unha experiencia propia. Ademais, nas ilustracións, podemos atopar divertidas chiscadelas que axudan a interpretar visualmente detalles non transmitidos en palabras, cunha formulación que abre a porta a novos significados e insuflan vida á relación palabra-imaxe.\u003c\/p\u003e","brand":"OQO Editora","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59676807266385,"sku":"8498717272","price":43300.0,"currency_code":"CLP","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/61rHHyTHSKL.jpg?v=1781972228","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-cl\/products\/libro-un-banquete-fabuloso-coleccin-o","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}