{"product_id":"libro-o-libro-negro-da-lingua-galega-obras-de-referencia-xerais-universitaria-lingua-e-literatura","title":"Libro: O libro negro da lingua galega (OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA)","description":"\u003ctable style=\"border-collapse:collapse;margin-bottom:16px;width:100%\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eFormato\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003eTapa Blanda\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003e768\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003cp\u003ePor vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por \"hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego\". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as \"Cantigas de Santa María\" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba \"Rianjo\" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal. Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.\u003c\/p\u003e","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59713720451153,"sku":"8411101193","price":65300.0,"currency_code":"CLP","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/51xfxdhmeaL.jpg?v=1782507333","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-cl\/products\/libro-o-libro-negro-da-lingua-galega-obras-de-referencia-xerais-universitaria-lingua-e-literatura","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}