{"product_id":"libro-o-corpo-de-cristo-premio-nacional-del-cmic-2024-silln-orejero","title":"Libro: O Corpo de Cristo: Premio Nacional del Cómic 2024 (Sillón Orejero)","description":"\u003ctable style=\"border-collapse:collapse;margin-bottom:16px;width:100%\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eFormato\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003eTapa Blanda\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003e184\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003cp\u003eCando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a superstición esvaécese para deixar paso ao diagnóstico. Mais, malia os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a súa filla é máis forte ca calquera outra cousa, sobrevivindo ao paso do tempo e ás tormentas. Realizada durante unha residencia na Maisons des Auteurs de Angoulême (Francia), O Corpo de Cristo é a declaración de amor dunha filla á súa nai, á que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, máis alá da tolemia, tamén é o retrato tráxico e universal dunha muller encerrada no seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre e católica. A autora resultou gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024 que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado apuntou que O Corpo de Cristo é “unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao emprego do humor e a unha mirada poética. A obra posúe unha gran profundidade e sensibilidade polo xeito de abordar un tema tan complexo coma o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así coma a reivindicación da importancia dos coidados”. Así mesmo, sinalou que é “unha obra de gran beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que emprega recursos estéticos alternativos e mostra unha nova forma de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante”. Pola súa parte, o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destacou que “a sensibilidade e o respecto que Bea Lema dedica á saúde mental e a reivindicación dos coidados n’O Corpo de Cristo, ademais das súas asombrosas ilustracións e bordados, fan que este Premio Nacional de Cómic 2024 sexa merecidísimo”. O Premio Nacional de Cómic, que agora Astiberri publica por primeira vez en galego, únese á longa lista de premios e nominacións estranxeiras que recibiu este cómic: • Premio Nacional de Cómic de España – Gañadora 2024 • Premio Miguel Gallardo a Autora Emerxente no Salón de Cómic de Barcelona - Nominada 2024 • Premio ACDCómic a Autora Revelación - Finalista 2024 • Premio de Cómic dos Lectores das Bibliotecas de Burdeos - Nominada 2024 • Gran Premio da Heroína Madame Figaro - Gañadora 2024 • Premio Bédélys 2024 do Festival de Cómic de Montreal a mellor obra estranxeira - Gañadora 2024 • Premio literario rexional de estudantes de Secundaria Agence régionale du Livre Provence-Alpes-Côté d’Azur - Short-list 2024-2025 • Premio do Público no Festival de Cómic de Angoulême 2024 – Gañadora 2024 • Fauve des Lycéens \/ Festival Internacional de Cómic de Angoulême 2024 – Nominada 2024 • Premio Artémisia - Nominada 2024 • Premio Première vague BD \/ Librairie l’esprit large - Nominada 2024 • Premio do Xurado \/ Festival BD en Périgord de Bassillac - Gañadora 2023 Ás cinco edicións en castelán de O Corpo de Cristo, Astiberri suma a edición en galego. Ademais, na actualidade Bea Lema traballa na adaptación d’O Corpo de Cristo a curtametraxe de animación.\u003c\/p\u003e","brand":"ASTIBERRI EDICIONES","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59713495695441,"sku":"8410332248","price":52600.0,"currency_code":"CLP","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/61eG0XLOZcL.jpg?v=1782504670","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-cl\/products\/libro-o-corpo-de-cristo-premio-nacional-del-cmic-2024-silln-orejero","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}