{"product_id":"libro-noite-de-voraces-sombras-infantil-e-xuvenil-fra-de-xogo","title":"Libro: Noite de voraces sombras (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)","description":"\u003ctable style=\"border-collapse:collapse;margin-bottom:16px;width:100%\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eFormato\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003eTapa Blanda\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003e176\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003cp\u003eSara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquietante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apertada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Ademais disto, Noite de voraces sombras aborda outras cuestións de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha estraña presencia fantasmal no cuarto da protagonista; e da ambigüidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou se todo é froito da subxectividade da protagonista. Despois da publicación de Aire negro, unha novela de amor e terror que obtivo unha grande acollida do público e da crítica, foi \"Premio Protagonista Jove\", outorgado polos lectores cataláns, e incluída nas Lista de Honra do IBBY e do White Ravens da Biblioteca de Munich, Agustín Fernández Paz ofrece, coa súa característica mestría narrativa, unha obra na que aborda a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a amarga posguerra. Unha emocionante novela, onde os sentimentos ocupan un papel moi relevante, sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.\u003c\/p\u003e","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59728573464657,"sku":"8483029103","price":42100.0,"currency_code":"CLP","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/61F6xB3_hWL.jpg?v=1782922720","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-cl\/products\/libro-noite-de-voraces-sombras-infantil-e-xuvenil-fra-de-xogo","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}