{"product_id":"libro-heredeiros-da-crus-cuadrilla-de-pepa-a-loba","title":"Libro: Heredeiros da Crus: Cuadrilla de Pepa a Loba","description":"\u003ctable style=\"border-collapse:collapse;margin-bottom:16px;width:100%\"\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eFormato\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003eTapa Blanda\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003ctr\u003e\n\u003ctd\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas\u003c\/strong\u003e\u003c\/td\u003e\n\u003ctd\u003e200\u003c\/td\u003e\n\u003c\/tr\u003e\n\u003c\/table\u003e\u003cp\u003eProduct Description      \u003cbr\u003eOrdes, A Coruña, marzo de 2012. Na vila hai un especial rebumbio. É un lugar tradicional de marcha nocturna, pero hoxe non é un día calquera e o extraordinario movemento de persoas dá conta diso. Todas veñen cantando as mesmas cancións e no ambiente nótanse excitación e nervios. É unha peculiar peregrinaxe á que están convocadas dende hai meses. Nas redes sociais estendeuse unha mensaxe críptica a ollos profanos, pero evidente para os iniciados: «Volven os máis jrandes.» Un J que despexaba calquera dúbida. Oito anos antes, Heredeiros da Crus anunciaran a súa separación. Atrás, trece anos de historia, oito discos e centos de concertos de tolemia, escándalos, diversión e moito rock'n'roll. Unha lexión de seguidores de toda Galicia quedaba orfa. O tempo pasou e, nas redes sociais, paseniñamente, medrou unha idea lanzada ao aire á que cada vez se uniu máis xente: QUEREMOS QUE VOLVAN OS HEREDEIROS DA CRUS. Esta é a crónica de como o soño entolecido dun mariñeiro unha noite de marea rematou converténdose nun capítulo fundamental da historia do rock feito en Galicia. Unha viaxe que empeza a bordo dun pequeno pesqueiro, pasa por un galiñeiro e remata compartida en escenarios por milleiros de persoas.\u003cbr\u003e      Book Description      \u003cbr\u003eEsta é a crónica de como o soño entolecido dun mariñeiro unha noite de marea rematou converténdose nun capítulo fundamental da historia do rock feito en Galicia. Unha viaxe que empeza a bordo dun pequeno pesqueiro, pasa por un galiñeiro e remata compartida en escenarios por milleiros de persoas.\u003cbr\u003e      About the Author      \u003cbr\u003eAntonio Díaz Ageitos (Ribeira, 1975). Neto de Maruxa a do xulgado. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago, traballa nos Servizos Informativos da Televisión de Galicia, onde entrou de bolseiro en 1996. Dirixe dende o ano 2001 o programa A Revista Fin de Semana, con pausa entre 2002 e 2004 para ser correspondente en Nova York. Le cómics por riba das súas posibilidades, non toma o nome de Springsteen en van e vaille levar máis tempo rematar o Zelda que escribir este o seu primeiro libro.\u003c\/p\u003e","brand":"Edicións Xerais","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":59877955240017,"sku":"8491214305","price":124200.0,"currency_code":"CLP","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0669\/6455\/3809\/files\/71FGqGC4PqL.jpg?v=1785160572","url":"https:\/\/provetodo.cl\/es-cl\/products\/libro-heredeiros-da-crus-cuadrilla-de-pepa-a-loba","provider":"Provetodo ","version":"1.0","type":"link"}